O día 16 de outubro fomos de excursión a Pontevedra dar un paseo e ver o Museo. No paseo vimos patos, as ruinas de Santo Domingo, o Concello, moitas prazas e finalmente chegamos ó Museo. Nel vimos cousas antiquísimas: de pedra, de ouro, de prata, colares e amuletos de acibeche, maquetas de barcos (a Santa María e a Frágata Numancia), cadros, espadas, lanzas, o despacho de Méndez Núñez e o seu camarote, e unha cociña antiga.
Ó rematar a visita, collimos as mochilas e voltamos á escola.
Que ben que os nenos e nenas de 4º se animen a escribir no seu blog. Estarei atenta ás súas novas. Un bico a todos e todas
ResponderSuprimirHola a todos, son Luz, foi unha sorpresa enterarme que tedes un blog, que chulo, espero que sigades publicando noticias e así estaremos mais en contacto.
ResponderSuprimirUnha aperta para todos e por suposto para Celia.